María Fernández e Patricia Hermida recolleron o premio e accésit da V edición do Premio de Xornalismo Luis Mera
O Parador de Turismo de Ferrol acolleu no mediodía do sábado, 4 de maio, a entrega de galardóns da Vª edición do Premio Luís Mera de Xornalismo, que cada ano convoca o Club de Prensa de Ferrol co obxecto de estimular a calidade da produción xornalística na prensa escrita, na radio, na televisión ou na difusión dixital referida ás bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal.
Nesta edición o premio recaeu no traballo presentado pola xornalista María Fernández, que desenvolve o seu labor diaria na sección de deportes de Diario de Ferrol, pola súa reportaxe “Ferrol, as mulleres e o baloncesto, un idilio con historia”, publicado o 28 de abril de 2018 neste xornal, séndoo entregado un premio en metálico de 1.000 euros e unha estatua deseñada e elabora por Manuel Patinha. Ademais, a xornalista ferrolá, Patricia Hermida, correspondente tanto de Radio Nacional de España (RNE) como do xornal El Correo Gallego en Ferrol, recibiu o accésit, consistente tamén nunha estatua de Patinha, neste caso, por unha reportaxe sobre un panteón da familia Franco no cemiterio de Catabois, publicado no rotativo compostelán.
O acto de entrega da V Edición do Premio de Xornalismo Luis Mera, converteuse nun encontro festivo e cordial entre xornalistas ferroláns.