Descripción del proyecto

“Los Maragatos en Ferrol” de Eva Mª Ocampo foi presentado no Ateneo Ferrolán


Ferrol, 30 de maio de 2019

A filóloga, historiadora e escritora Eva Ocampo Vigo presentou o xoves 30 de maio, no Ateneo Ferrolán, o 31 caderno "FerrolAnalisis", que edita o Club de Prensa de Ferrol, "Los maragatos en Ferrol".

Ante un numeroso público que ateigaba o salón de actos do Ateneo Ferrolán, a autora, Eva Mª Ocampo estivo acompañada por Germán Castro, e Julia Díaz, que salientaron a importancia do traballo desenrolado pola autora e a súa gran aportación ao recoller este importante capítulo da historia da sociedade ferrolá. Unha historia que sendo dunha gran importancia no desenvolvemento socio-económico da cidade, carecía até o momento dun estudo froito da investigación, o rigor e densidade historiográfica que nos ofrece a autora.

Eva Mª Ocampo, apoiada nunha proxección de diapositivas debullou unha a unha as familias que se asentaron na nosa cidade, moitos de cuxos herdeiros acudiron a este acontecemento. A autora, destacou que os membros desta especial tribo eran morenos e guapos, falou da etimoloxía do maragato e especificou as características da comarca leonesa da maragatería. Catedrática de Lingua e Literatura castelá en Bacharelato e doutora en Filoloxía, Eva Mª Ocampo, convídanos desde a colorida e vistosa portada na que nos mostra a face riseira das sobriñas e netos da familia Martínez, a mergullarnos no detallado estudo dos maragatos. Desde as orixes e estudos do termo “maragato” ata as circunstancias que propiciaron a chegada dos maragatos a Ferrol e o establecemento continuado de numerosas familias na cidade. Unha ilustrada e interesante exposición que foi moi aplaudida.