Jorge Suárez participa nas "Conversas no Parador" 24 horas antes do debate dos Orzamentos Municipais


Ferrol, 09 de maio de 2018

A menos de 24 horas de presentar ante o Pleno Municipal de Ferrol os primeiros presupostos do seu mandato, o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez participou na mañá do mércores 9 de maio nas Conversas no Parador, que ven organizado o Club de Prensa en colaboración co Parador de Ferrol.

Ante un numeroso auditorio, o alcalde Suárez mostrouse optimista en aprobar os orzamentos, a pesar de coñecer as negativas do PP e de Cidadáns neste senso, pero declarou sentirse optimista tras manter unha serie de xuntanzas con todos os grupos municipais, dos que agardaba a resposta favorable do BNG e do PSOE. Tamén agradeceu a todos os grupos municipais que fixesen propostas positivas para mellorar estes presupostos e que sexan positivos para toda a cidadanía, co que se conseguiu que foran adiante medidas tan necesarias como executar os proxectos da Praza de Armas, a reforma do mercado de Caranza, a pasarela de Santa Mariña, ou a rehabilitación de 3 bloques de Recimil. Tamén de ser capaces de destinar fondos a Ferrol Vello, todo elo, para chegar as eleccións de 2019 cunha carta de presentación "viable" cuns orzamentos co teito de gasto mais alto da historia de Ferrol, nuns momentos nos que parece que está a agromar unha mellora da actividade económica de Ferrol, que ao seu entender "xa tiña tocado fondo".

No referente á valoración da súa experiencia política ao fronte do concello, confesou que non era o mesmo Jorge Suárez de 2016, e que neste momento acusaba un desgaste tremendo a nivel persoal, familiar e político, porque coidaba que a política era outra cousa, pero que había outras motivacións, como a ilusión que a cidadanía mantiña nas expectativas do goberno, polo que aínda non tiña a decisión tomada ao cen por cen, e que non descartaba ser de novo candidato, pero que era un tema no que tamén había que escoitar e falar cos compañeiros.

Sobre o Convenio de Defensa, o alcalde dubidou de que se puidera chegar a un acordo no presente mandato, porque a crise da construción botara ao traste as intencións do Ministerio de Defensa, de que algunha empresa privada quixera edificar na parcela.