Galicia en Foco en Mugardos
Ferrol, 04 de xuño de 2026
Hoxe 4 de xuño tivo lugar no local da Confraría de Pescadores de Mugardos a inauguración da exposición de foto-xornalismo Galicia en Foco, que promove o Club de Prensa de Ferrol e organiza a Asociación Cultural Apelón Educación, coa asistencia de numeroso público que se interesou no traballo dos foto-xornalistas galegos publicados en diferentes medios. Dentro das actividades culturais da vila mugardesa, Galicia en Foco xa é un clásico pois dun tempo a esta parte Mugardos figura como unha das primeiras etapas do percorrido desta mostra que xa é unha referencia no que ao traballo dos fotógrafos da prensa se refire.

