Descripción del proyecto

Festa da Caricatura Cidade de Ferrol: Inauguración da Mostra Colectiva


Ferrol, xullo de 2016

Desde o mércores, día 6, e ata fin de mes poderá verse na Galería Sargadelos unha Mostra Colectiva de Caricatura, que acolle obras de coñecidos artistas galegos, portugueses e italianos. Entre os personaxes caricaturizados figuran ferroláns como o pintor Álvarez de Sotomayor, o escritor Torrente Ballester, o mago Lorente, o actor de dobraxe Xaquín Lens e os cantores Manuela e Miguel. A mostra poderá visitarse durante todo o mes de xullo.