Conferencia de Siro, " Carlos Casares. Vivencias Compartidas"


Ferrol, 08 de xuño de 2017

As intervencións de Siro en Ferrol gozan sempre dunha extraordinaria acollida de público que fiel a súa persoa encheu unha vez mais o salón de actos do Ateneo Ferrolán o xoves 8 de xuño para escoitar ao humorista, debuxante e escritor Siro López Lorenzo no seu relatorio de "Vivencias Compartidas con Carlos Casares".

O acto foi presentado por Xulia Díaz Sixto, presidenta do Club de Prensa de Ferrol, entidade organizadora do acto, coa colaboración do Ateneo , e por José Picado Carballeira que agradeceron ao conferenciante a súa disposición en subliñaron a importancia de Casares e Siro a prol da Cultura Galega desde principios dos anos 70 do pasado século.

Siro López incidiu en sinalar que, ao seu xuízo, foron escasos os actos institucionais emprendidos por asociacións culturais, públicas ou privadas de Galicia para enaltecer ao autor ao que se lle dedicou os Días das Letras Galegas do presenta ano e referiuse ao protagonismo de Ramón Piñeiro no encontro entre Carlos Casares e Siro.

Foron verdadeiramente divertidas, pouco coñecidas, e moi interesantes as anécdotas que Siro compartiu con Carlos Casares e desvelou aos asistentes.