Candidaturas XIII Edición Premio "José Couso"
Asli Erdoğan, Ignacio Escolar, Xosé Hermida, Virginia Pérez Alonso, 'Peridis' e Jorge Ramos, candidatos ao XIII Premio Couso.
Seis candidaturas, catro homes e dúas mulleres, concorren este ano ao Premio José Couso de Liberdade de Prensa, iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol. As propostas desta XIII Edición son Asli Erdogan, Ignacio Escolar, Xosé Hermida, Virginia Pérez Alonso, José María Pérez González Peridis e Jorge Ramos.
Os candidatos, que se distinguiron pola súa defensa da liberdade de prensa, foron propostos polos colexiados do CPXG, asociados do Club de Prensa de Ferrol ou por entidades e persoas relacionadas coa comunicación. Dende hoxe e ata as 19.00 horas do 6 de abril, os colexiados e colexiadas do CPXG e asociados e asociadas do Club de Prensa de Ferrol poderán elixir ao gañador.
Máis información na páxina de premio a Liberdade de Prensa.