Brais Lorenzo obtén o Premio “Foto do Ano de Galicia en Foco 2023” e Iñaki Abella o Premio “Serie do Ano de Galicia en Foco de 2023“, na XXXIII Edición do premio de fotoxornalismo que convoca o Club de Prensa de Ferrol
A foto de Brais Lorenzo “Mázcaras”, distribuída pola Axencia EFE e publicada na Fototeca.com o 19 de febreiro de 2023, obtivo o Premio de Fotoxornalismo “Foto do Ano de Galicia en Foco” que outorga o Club de Prensa de Ferrol e que acada a súa 33ª edición. A foto premiada foi valorada polo xurado “pola capacidade do seu autor para plasmar nunha imaxe fixa o dinamismo, a excitación e colorido do Entroido tradicional galego”, polo que é merecente de ser elexida como Foto do Ano de Galicia en Foco 2023.
A Serie de Iñaki Abella “Campaneiros”, publicada no diario Faro de Vigo o 11 de xuño 2023, obtivo o Premio de Fotoxornalismo “Serie do Ano de Galicia en Foco 2023” que outorga o Club de Prensa de Ferrol, por a xuizo do xurado “capturar a esencia e beleza dun oficio en vías de desaparición e homenaxear coas súas imaxes o saber facer dos artesáns que manteñen viva a tradición dos mestres campaneiros”.
O xurado tamén chegou ao acordo de “destacar a gran calidade das series presentadas nesta edición do certame de Fotoxornalismo Galicia en Foco”, facendo espacial mención aos traballos dos fotógrafos Adra Pallón e Jorge Meis.
Nesta 33 edición de “Galicia en Foco”, o Club de Prensa de Ferrol, debido ao considerable aumento da dixitalización dos medios, e o conseguinte aumento da publicación de Series, considerou necesario establecer dous primeiros premios, dotados cada un deles con 750 euros, e unha figura alegórica de Sargadelos creada para o certame Galicia en Foco por Isaac Díaz Pardo.
Contribue con elo á valorar a importancia do traballo e recoñecemento aos fotoxornalistas que veñen participando no Certame do Fotoxornalismo galego e a destacar ante o público o interese pola obra dos nosos realizadores gráficos, a que se coñezan mais os seus nomes, a súa profesionalidade e a súa identificación coa Galicia contemporánea que eles mesmos documentan.
O Xurado da XXXIII Edición de Galicia en Foco estivo constituido por Rodrigo Ramos Ardá, Gala Santalla Quintana, Lucas Rey Seoane e Xulia Díaz, actuando como secretario, con voz pero sin voto, Xoán Rubia.
A Exposición da 33ª Edición de Galicia en Foco será inaugurada o sábado 18 de xaneiro ás 19.45h tras o que se procederá á entrega de premios que presidirá o Concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte Far. A Exposición permanecerá aberta na Sala de Proxectos do Centro Torrente Ballester de Ferrol desde o sábado 18 de xaneiro ata o 16 de febreiro de 2025. Poderá ser visitada de martes a sábados de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21:00 horas. Os domingos e festivos en horario de 11.00 ás 14.00 horas.