Ares Acolle a Exposición da 30ª Edición de Galicia en Foco e a presentación de Ferrol Análisis


Ferrol, 30 de Abril de 2022

Este xoves día 30 de abril, na Casa da Mocidade de Ares foi inaugurada a exposición correspondente a 30ª edición do certame “Galicia en Foco” pola concelleira de Cultura, Alma Barrón; Xulia Díaz, presidenta do Club de Prensa de Ferrol, e Xoán Rubia, un dos dinamizadores da exposición itinerante e membro do propio Club.

Até o 13 de maio, de 10:00 a 14:30 horas, estará dispoñible unha narración feita de feitos fotoxornalísticos. Unha mostra que sintetiza o acontecido en Galicia ao longo de 2020, mostrando as súas pulsións e a súa situación tanto social como emocional. O impacto da pandemia de covid-19 cobra especial relevancia ao longo do conxunto de fotografías, entre as que destaca “Tempos da pandemia”, o traballo de Brais Lorenzo galardoado co premio Galicia en Foco 2020.

Presentación de Ferrol Análisis Nº 33

Trala inauguración na Casa da Mocidade, desenvolveuse un segundo acto centrado no sector da comunicación e o traballo xornalístico, coa presentación da publicación do Nº 33 de “Ferrol Análisis”, realizada polo propio Club de Prensa ferrolán.

A súa presidenta, Xulia Díaz, e a directora da revista, Esperanza Piñeiro, percorreron os principais contidos, dacabalo entre a análise, a divulgación e a reflexión compartida, no salón de actos da Alianza Aresán.