O libro “Ángeles Alvariño. “Mi estela en los oceános”, que edita o Club de Prensa de Ferrol e do que é autor Germán Castro, será presentado o día 25 no Museo da SGHN
Asistirá a filla da oceanógrafa, Ángeles Leira e presidirá o alcalde Mato Escalona
O xornalista e Presidente de Honra do Club de Prensa de Ferrol, Germán Castro, reflicte no libro “Ángeles Alvariño. Mi estela en los océanos” a imaxe máis humana, sen orillar de todo o aspecto científico, da oceanógrafa ferrolá nada en Serantes. Partindo da documentación epistolar xerada nos anos noventa, cando Man Castro era o Presidente do CPF e Director de “FerrolAnálisis”, o referido autor constrúe un relato ameno e moi ilustrativo da man de Ángeles Leira Alvariño e María José Leira Ambrós, filla e sobriña, respectivamente, da protagonista do libro.
Salpimentado con algúns datos inéditos e opinións de terceiras persoas, así como aspectos extraídos dos xornais antigos, xunto cun pródigo álbum fotobiográfico, o libro, que arrinca cun limiar da Presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Julia Díaz Sixto, remata cun epílogo de G. Castro no que reivindica a visibilidade da muller no campo da ciencia.