Descripción del proyecto

A xornalista Patricia Hermida homenaxea ao seu pai no libro “ANTONIO. DIARIO DO CONFINAMENTO”


Ferrol, 06 de maio de 2021

No patio do Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol, Patricia Hermida (San Sadurniño, 1977), foi quen de congregar ao alcalde de Ferrol, Ángel Mato, o alcalde de San Sadurniño, Secundino García, os exalcaldes de Ferrol, José Manuel Rey Varela e Jorge Suárez, a compañeiros de profesión, amigos, e un público expectante, para presentar o seu libro “ANTONIO. DIARIO DO DONFINAMENTO”. O libro recolle as entregas do Diario que a xornalista foi escribindo nas páxinas do Correo Gallego e que a Concellería da Muller e Igualdade do Concello de Ferrol acolleu como fonte documental da primeira vaga da Pandemia da Covid 19 e transformou en libro, coa coordinación do Club de Prensa de Ferrol.

No decurso da presentación participaron o Alcalde de Ferrol, Ángel Mato Escalona, a Concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados Rubio, o Subdirector do Correo Gallego, José Antonio Pérez e Xulia Díaz Sixto do Club de Prensa de Ferrol.

Patricia Hermida, avaliada pola súa traxectoria de xornalista veraz e documentada, combativa no relato dos tristes aconteceres laborais, cunha amplísima bagaxe de vivencias xuvenís, e certas doses de humor que salpican a súa frescura literaria, traspasou os límites do xornal e saltou as redes sociais, porque nas súas verbas e reflexións, as lectoras do diario desde calquera condición, avoas, nais, traballadoras, mulleres en definitiva, sentíanse representadas e partícipes do devir dos días a dunha pandemia nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

A obra de Patricia Hermida acadou unha extraordinaria acollida nos medios de comunicación, do que deixamos constancias nos seguintes links:
El Correo Gallego
La Voz de Galicia
Ferrol 360
enfoques.gal
COPE
Diario de Ferrol
Quincemil - El Español
RadioVoz