A investigadora Ivana Ruiz-Estramil na 2ª Xornada de Curso “Carlos Gurméndez”
Hai 281 millóns de mígrantes no planeta, o 3,6 % da poboación mundial. E ademais, hai 117 millóns de desprazados á forza.
A investigadora Ivana Ruiz-Estramil, da Universidade do País Vasco, abriu este xoves a segunda xornada do Curso Carlos Gurméndez achegando contexto “dunha realidade migratoria que se agrava”. Comezou diferenciando os conceptos de mígrante internacional, solicitante de asilo e refuxiado, nunha situación global na que hai 281 millóns de mígrante no planeta, o 3,6 % da poboación mundial. Hai, ademais, 117 millóns de desprazados á forza.
Ruiz-Estramil analizou tamén os datos no caso de España, centrándose nas dificultades da espera e, sobre todo, “da ruptura do imaxinario de vida en Europa, que eles pensaban como un paraíso pero cuxa realidade (dificultades, violencia) defráudaos”, sinalou. Así, sobre o futuro, advertiu acerca dos medos e temores dunha UE respecto dos inmigrantes, aos que cualificou de “suxeitos sen dereitos que encarnan as incertezas do sigloXXI”, e o sometemento aos discursos de odio “que desgraciadamente van en aumento”.
Antonio Izquierdo Escribano cifrou nun 5% a inmigración Irregular
Apuntou a codirectora do curso, Asunción López Arranz, que o seguinte convidado non ía defraudar, e non o fixo. O catedrático de Sociología da UDC Antonio Izquierdo Escribano ofreceu unha conferencia na que couberon os datos, as desmitificacións interesadas e o humor. Analizando a realidade da inmigración a través de gráficos con estatísticas de última hora, sintetizou o erudito que: “en España faise política”, con, “inmigración pero non” de “a inmigración” por unha cuestión de votos, e incidiu: “Hai moita ideoloxía e pouco coñecemento, e por ideoloxía entendamos unha falsa consciencia da realidade”.
Así, incidiu Izquierdo que “á xente só preocúpalle máis que a inmigración o tema da vivenda. Preocúpalle igual ou máis que o cambio climático ou as guerras. Estamos moi perdidos e explícase porque a xente infórmase de maneira maioritaria pola televisión e as redes sociais”, criticou.
Debullando datos e números, cifrou en só un 5% a inmigración irregular, “o que demostra que hai máis control do que puidese parecer ante os datos de certos medios e redes sociais que esaxeran”. Destacou que no nove millóns de inmigrantes, a procedencia de Latinoamérica e logo Europa é a que máis abunda, e que a familiar é a maioritaria.
Ademais “recalcou” a “maioría son asalariados e van subindo os traballadores por conta propia”. Tamén insistiu Izquierdo en como interesaba que todo o mundo tivese dereitos laborais e que, de interesarlle algo a España, sería “que os traballadores fosen cotizantes”.
Ademais de destacar o uso instrumental e negativo que se facía da inmigración, o profesor propuxo que tras cinco anos de residencia no país a xente puidésese empadroar, e concluíu: “Sei que é polémico, pero non se pode crecer eternamente porque o planeta vai estalar. En certas áreas haberá que exporse a que sería mellor decrecer”.
Ainhoa Ruiz: “Desde 1972 construíronse 79 muros e non se derrubou ningún”
Xa na xornada de tarde, chegou desde Barcelona a investigadora vasca Ainhoa Ruiz Benedito, doutora en Relacións Internacionais, para falar sobre os muros no mundo desde a caída do muro de Berlín. Foi un relatorio fértil en datos pero austero en esperanza, tendo en conta que a construción de tapias significa “o pánico e terror aos demais, a falta de solidariedade e un mundo enfocado ao medo”. Resaltou Ainhoa Ruiz que “desde 1972 fóronse construíndo no mundo 79 muros e non se derrubou ningún”.
Por países, destacou os casos de Israel, India e China , e por continentes, os 43 en Asia, os 22 en Europa, os 12 en África e os dous de América. Os motivos da erección de murallas son variados, dixo, desde a covid, a salubridade animal, a caza furtiva, o narcotráfico e, sobre todo, a inmigración. Neste aspecto, incidiu na hipocrisía de Occidente, sobre todo a UE, Australia (sen muros, pero cunha durísima política de inmigración) e EEUU, xa antes da chegada de Trump.
No caso europeo, sinalou os construídos en Europa a partir de 2015 con os problemas de Siria, Iraq e Afganistán, aínda que a gran maioría dos desprazados fágano dentro das fronteiras dos seus países. O papel de Occidente, sinalou “está a ser lamentable, xa non de falta de empatía ou de criminalización, senón de violencia, como no caso de Trump”. “A liberdade de persoas e mercadorías do liberalismo occidental foi unha falacia e agora o que funciona é o medo e o muro de seguridade fronte á cooperación”, concluíu a experta.
Teatro para facer reflexionar sobre os refuxiados
“Atrapadas”, a obra dirixida por Cristina Mariño, Eugenia Sanmartín e Helga Méndez, de Maquinarias Teatro, representouse nos patios do Campus para dar por finalizada a segunda xornada do Gurméndez. A representación consistiu nunha reflexión sobre a realidade dos refuxiados e refuxiadas no mundo e supón un fito na historia da cita cultural, que por segunda vez incluíu una actividade deste tipo.


