A Asociación Cultural Apelón Educación acolle a mostra de Galicia en Foco en Mugardos
Na Avda. do Mar da vila mugardesa, no baixo do Pósito, na tarde do 16 de abril inaugurouse a mostra fotográfica da 33ª Edición de Galicia en Foco, que ven organizando o Club de Prensa de Ferrol.
Foi como sempre un fermoso e nutrido acto no que a presidenta da Asociación Apelón Educación acompañada por varios compoñentes da devandita asociación e do Club de Prensa de Ferrol, deron a benvida a unha exposición que é sempre moi ben recibida e visitada tanto polo público de Mugardos como polos moitos visitantes que acoden a Mugardos nas datas da Semana Santa, nas que permanecerá aberta ata o día 20 de abril. A Exposición poderá ser visitada o xoves 17 de abril, de 18:00H a 20:00H; e o venres, sábado e domingo, poderá ser visitada pola mañá de 12:00H a 14:00H e de 18:00H a 20:00H.