Del New England a los Goya: casi un siglo de cine en Ferrol

Rita Martín Sánchez, Aurora Vázquez Aneiros · 1994 | 55 páxinas

Pretende ser unha primeira aproximación a un dos espectáculos máis emblemáticos do século XX. Mostra tamén un achegamento ás formas de diversión da sociedade ferrolá, o que axuda ao coñecemento da propia historia, quizá escrita con minúscula -polo que ten de cotián-, pero non por iso menos interesante nin enriquecedora á hora de coñecer un pouco máis á cidade e ás súas xentes. Incorpora estatísticas, planos, datos sobre aperturas e peches de salas cinematográficas e estreas de películas na cidade.