Mundobásket 86, Ferrol, 5-10 de julio

Antonio Barros Senín · 2013 | 139 páxinas

Mundobásquet 86. Ferrol, 5-10 de julio é un traballo de Antonio Barros Senín, con fotografía de José Mauriz Collado, co que o Club de Prensa de Ferrol quixo rememorar un evento mundial do baloncesto, vivido na nosa cidade grazas ao empeño do Concello ferrolán e do club de baloncesto OAR. Ferrol nas datas mencionadas foi sede deste gran acontecemento deportivo, a única cidade, das sete que acolleron o campionato, que non era capital de provincia.