Ferrolterra e as orquestras de baile (1930-2010)

Germán Castro Tomé, Juan Díaz Fraguela · 2011 | 331 páxinas

O Club de Prensa de Ferrol quixo, coa edición de Ferrolterra e as orquestras de baile (1930-2010) penetrar no estudo sociolóxico dunha comunidade, como a ferrolá, que mostrou ao longo da historia o seu exquisito espírito melómano. Con achegas de Germán Castro Tome e Juan Díaz Fraguela, autores do traballo, insírense reflexións doutras personalidades coñecedoras do tema como Siro López, Vicente Araguas e Xurxo Souto.