La Armada Española y la Casa de Borbón. 300 años de historia

Diego Quevedo Carmona, Alejandro Anca Alamillo · 2003 | 329 páxinas

Esta edición reflicte unha vez máis as numerosas e variadas achegas que Ferrol vai ir acumulando na historia industrial e naval de España. As súas páxinas mostran o pasado e o presente da Historia de España e a Armada, baseándose na árbore xenealóxico dos Borbóns, de onde se entresacan os nomes dos buques, todos unidades navais de diferente tipo: goletas, cruceiros, vapores, canoneiros, acoirazados, etc. O libro presenta unha lectura dual: os personaxes da Casa de Borbón, recollidos de distintos museos, cun apuntamento breve da súa proxección histórica e un amplo documento do buque que leva o nome do egrexio personaxe.