Ferrol: De la arquitectura anónima a la de autor
Pablo Rey Martínez · 2004 | 293 páxinas
A publicación reflicte o rigor e a sobriedade da arquitectura racional e cartesiana creada en Ferrol, sometida tamén a través do tempo ás novas e variadas correntes estéticas e aos intereses construtivos. Da arquitectura deseñada por enxeñeiros militares ou polos mestres de obra que a erixen pásase á arquitectura de autor, con bos exemplos neste libro. Etapas, épocas, momentos próximos ou afastados na actualidade móstranse nas máis de 200 imaxes reproducidas. Tamén se incorpora unha gravación inédita -pasada a DVD- coas máquinas derrubando as últimas vivendas de Esteiro, de forma dual móstrase a arquitectura e os viarios do novo Esteiro, incluíndo a Universidade-Campus de Ferrol cos seus edificios recuperados e de nova construción.