Número 16
Nótase nesta edición un considerable aumento das páxinas da revista, o que lle dá unha textura de libro. O número de colaboradores alcanza os vinte e dous e a temática é moi variada: ciencia, xornalismo, industria, emigración e mesmo fútbol. Nove autores escriben sobre Carbalho Calero ao que se dedica unha separata especial. É interesante sinalar o espazo dedicado ao pintor Segura Torrella con tres artigos.
O Caderno ofrece un exhaustivo documento sobre ASTANO nun segundo capítulo que complementa ao editado no número anterior.