Astano II. Un asteleiro na ría

María Antonia Pérez Rodríguez · 2001 | 201 páxinas

Novamente documéntase a historia de Astano polo seu propio desbordamento documental que, en si mesmo é a historia industrial e humana da empresa. O libro, de maior volume que o anterior, recolle o últimos trinta anos de Astano no século XX. A publicación leva un amplo estudo da profesora María Antonia Pérez, despois de mover 28.400 fotografías, documentos de produción e normativas lexislativas de apoio ás zonas industriais en declive. As temáticas recóllense en doce apartados.