Astano. Un asteleiro na ría

María Antonia Pérez Rodríguez · 2000 | 139 páxinas

Astano xunto con Bazán converten á comarca de Ferrol no seu referente industrial en Galicia. A través de nove apartados visualízase a historia de Astano, inserida na autarquía económica do réxime español, desde a súa fundación en 1941 coa construción de pesqueiros de madeira até o desenrolo económico español e a introdución no mercado internacional, logrando en 1969 a firma dun contrato coa compañía Gulf para a construción dunha serie de petroleiros.