Número 13

Neste número hai un traballo moi interesante sobre a eutanasia no plano xeral, outro sobre a invertebración política en Ferrol, aniversarios como os de Lorca ou María Casares, traballos que tratan sobre personaxes ferroláns como Abelardo Novo, Montero Díaz o Álvaro Paradela.

Aparece tamén un artigo sobre a achega ferrolá á canción galega. A separata central está dedicada a Camilo Díaz Baliño. Pecha a edición un cartafol de Santiago Bores. Complementa a revista un caderno titulado "Ferrol en Fotos. Un século Atrás" do arquivo de Ricardo Nores Castro.