Número 12
Talvez neste número estea mais presente que nunca Ferrol nos seus múltiples aspectos: arquitectura, o tema agrario, a arqueoloxía, sociedade, música, sindicalismo etc. Aparece un traballo póstumo de Carlos Gurméndez dedicado á obra de Juan García-Bacca.
Homenaxéase a Xosé Rubia Barcia nunha separata na que interveñen varios autores. Entre outros destaca un traballo sobre o Nacionalismo musical do que é autor Cecilio Tieles. O cartafol contén fotografías de José Pardo y César Toimil.