Ferrol en fotos. Un século atrás

Ricardo Nores Castro · 1998 | 112 páxinas

A publicación continúa co obxectivo de cadernos precedentes, isto é, dar a coñecer algúns capítulos da nosa particular historia local, descubrindo tanto escenarios como personalidades que quedaron ancorados na nebulosa do tempo. O documento é todo un soporte enciclopédico de imaxes en branco e negro cunha gran carga discursiva, fácil de captar e reter. tamén un agasallo sen prezo para quen gusta de xuntar testemuños inéditos ou pouco coñecidos da cidade.