Ferrol en la aviación
Guillermo Escrigas · 1998 | 107 páxinas
Este caderno limítase a plasmar de forma gráfica as proezas de tres homes, de tres pilotos ferroláns que deixaron unha pegada significativa no despregamento da aviación española. Desde o acróbata Piñeiro, pasando polo inquieto Ramón Franco, até chegar a un máis sisudo e científico Igrexas Brage, a España dos anos vinte debe a estas tres personalidades a construción dun capítulo histórico de arroxo e aventura sen precedentes na aviación española.