A exposición Galicia en Foco, itinera cara á tenencia, da Agrupación Instructiva de Redes-Caamouco
A 34ª edición de Galicia en Foco chegou ao salón de actos de A Tenencia, da Agrupación Instrutiva de Camouco, na súa itinerancia desde a Casa da Xuventude de Ares. Alí segundo lembran desde a Agrupación Instrutiva de Camouco, poderá visitarse de luns a venres nos horarios dos cursos, e na fin de semana durante os actos programados. Nesta exposición fotográfica recóllense as mellores imaxes de temática galega, dos fotoxornalistas galegos publicadas nos diversos medios de comunicación.
Galicia en Foco constata así o seu interese por divulgar o traballo dos fotoxornalistas galegos, recoñecendo o seu profesionalismo e a súa capacidade de documentar a nosa realidade contemporánea.
De feito, entre as instantáneas que compoñen a exposición tamén se atopan as galardoadas nesta trixésimo cuarta edición: "Política municipal", fotografía do ano 2024 feita por Miguel Ángel López e "O Grande Esmorecemento", de Brais Lorenzo, serie gañadora do ano que captura a forma de vida de aqueles que resisten a abandonar o rural galego, contribuíndo a preservar do esquecemento a cultura e patrimonio desa contorna social nun tempo de aceleración en todo o globo.

