Testemuñas 3. Testemuñas da Memoria
Club de Prensa · 2006
Coa edición da Separata nº 3, Testemuñas da Memoria, o Club de Prensa de Ferrol continúa lembrando ás persoas que nuclearon a vida do propio Club e foron o xerme e os impulsores da realidade actual do Club de Prensa.
Neste número de corenta páxinas, oito autores escriben sobre Antonio Martínez Barcón (Ámbar), desde diversas ópticas vividas e compartidas co articulista entroncado na mellor tradición de escritores- xornalistas que exerceron nos diarios españois ao longo do s. XX. Se, é certo, Ámbar foi un “facedor” do xornalismo literario, dotando as súas columnas dunha lírica e sinal persoal entre a poética e a reflexión filosófica.
A publicación está dividida en tres seccións que recollen as opinións dos citados autores que lle lembran na súa etapa de articulista, a súa creación poética Poemas da tarde antiga e a súa vinculación cos intérpretes da Nova Canción Galega, tendo finalmente tamén a súa etapa de conselleiro político con quen exerceu de Alcalde da cidade.
A segunda e terceira parte, moi persoal, abarca a fotobiografía da súa vida e un resumo xornalístico extraído das hemerotecas onde se recolleron artigos e outras informacións sobre os premios obtidos por Antonio Martínez Barcón.