Descripción del proyecto

O sábado 15 de maio entrégase en Ferrol o XVII Premio José Couso


Ferrol, 13 de maio de 2021

Este sábado 15 de maio van ter lugar en Ferrol os actos de entrega do XVII Premio Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, nos que participará o gañador desta edición, o xornalista Manuel Rico, e tamén o da do ano pasado, Lorenzo Milá.

Os actos de celebración serán os seguintes:

10.30 horas. Ofrenda na estatua "Ás Ceibes", do escultor Manuel Patinha, no Cantón de Molíns. César Carracedo lera un manifesto en nome da organización.
13.00 horas. Entrega do XVI Premio Couso a Lorenzo Milá e do XVII Premio Couso a Manuel Rico, presentada por Marta Corral, na Capela do Centro Torrente Ballester.

Ademais diso, o Concello de Ferrol organiza os seguintes actos con motivo da entrega do premio Couso:

11.30 horas. Recepción e sinatura no libro de ouro da cidade no Centro Torrente Ballester.
12.00 horas. Encontro entre Lorenzo Milá e Manuel Rico, moderado por Marta Corral, no Patio do Centro Torrente Ballester.

Debido ás restricións sanitarias impostas pola pandemia da Covid-19, os actos realizaranse cunha capacidade máxima moi reducida. Para que todas as persoas interesadas poidan seguir o programa, os actos realizados no Centro Torrente Ballester serán retransmitidos en streaming a través da canle de Youtube do Concello de Ferrol.