No Día Mundial da Radio, Cándido Barral presenta en Ferrol "O Periscopio"


Ferrol, 15 de febreiro de 2019

Ou venres 15 de febreiro, coincidindo co Día Mundial da Radio, o Ateneo Ferrolán acolleu a presentación do libro de Cándido Barral "O Periscopio", coa participación do autor, Cándido Barral, Xoan Rubia e Xulia Díaz. O libro recolle a reprodución literal dunha serie de textos emitidos no programa "O Periscopio", de Radio Coruña, desde xaneiro de 2015 até abril de 2018, todos os sábados tres minutos antes da unha ah da tarde.

Cándido Barral, creador de programas como "O coruñés opina", é un home de radio que concibe o xornalismo como unha actividade rigorosa, documentada e crítica co poder, porque segundo Barral, "o xornalismo é crítico ou non é nada", o que podemos comprobar lendo o seu libro "O Periscopio" , cuxa presentación organizou o Club de Prensa de Ferrol.

O Día Mundial da Radio foi establecido pola Conferencia Xeral de la Unesco en 2011, a proposta da Delegación Permanente de España. O 13 de febreiro foi a data escollida, para a celebración , porque conmemora o día no que se creou a Radio das Nacións Unidas no 1946.