Descripción del proyecto

Maragatos en Ferrol

Mª Eva Ocampo Vigo. 2019 | 86 páginas

A autora convídanos, desde a colorida e vistosa portada na que nos mostra a face riseira das sobriñas e netos da familia Martínez, a mergullarnos no detallado estudo dos maragatos. Desde as orixes e investigacións sobre o termo "maragato", pasando pola existencia da "arriería", até as circunstancias que propiciaron a chegada dos maragatos a Ferrol e o establecemento continuado de numerosas familias na cidade.