A Xesta do ferrolán Alonso Pita Da Veiga será analizada na Xornada Científica de Divulgación Histórica no V Centenario da Batalla de Pavía o venres 28 na Fundación Exponav
O Club de Prensa de Ferrol, coa colaboración do Museo de Construcción Naval-Fundación Exponav, organizan o vindeiro venres 28 de novembro, ás 18:00 horas, a Xornada Científica de Divulgación Histórica sobre o relevante papel do ferrolán Alonso Pita da Veiga na Batalla de Pavía.
O 24 de febreiro de 1525 trabouse combate na localidade italiana de Pavía entre as tropas do emperador Carlos V e as do rei Francisco I de Francia, cuxo resultado saldouse coa contundente derrota dos franceses e a providencial captura do monarca galo. Tal fito marcou decisivamente a inclinación da balanza de poderes e o devir da política europea occidental, constituíndo o punto de arranque da hexemonía do Imperio español nas décadas posteriores.
Na memorable acción participou sinaladamente un fidalgo galego que entraría pola porta grande e por mérito propio nos anais da historiografía, o ferrolán Alonso Pita da Veiga, un dos tres aprehensores do soberano francés. Neste ano 2025, co gallo do aniversario do quinto centenario da Batalla de Pavía, á par das diversas conmemoracións habidas en varios países de Europa e xa en Galicia, a celebrada recentemente polo IEGPS-CSIC, o Club de Prensa de Ferrol coa colaboración do Museo de Construcción Naval -Fundación Exponav- súmase na lembranza de tan crucial episodio e da singular xesta protagonizada polo intrépido ferrolán, Alonso Pita da Veiga, organizando esta xornada científica de divulgación histórica no sobranceiro marco do Museo da Construcción Naval - Fundación Exponav.
Na mesma e trala inauguración na que participarán a presidenta do Club de Prensa e o xerente do Museo de Construcción Naval - Fundación Exponav, intervirán como relatores Joaquín Pita da Veiga Subirats, que versará sobre “La batalla de Pavía. Una reconstrucción necesaria desde el testimonio de sus protagonistas”; Gabriel Pita da Veiga Goyanes, sobre “La captura del rey de Francia y sus consecuencias”, e Fernando Dopico Blanco, sobre “Alonso Pita da Veiga, a súa familia e parentela (séculos XV-XVI)”. Posteriormente e tras un debate moderado pola historiadora Esperanza Piñeiro de San Miguel, ás 20:30 será clausurada por Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, Profesor ad honorem del CSIC, Director honorario del Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.



