Descripción del proyecto

A Mostra “Galicia en Foco” remata a súa itinerancia en Fene


Ferrol, 28 de outubro de 2019

O luns 28 de outubro no salón de sesións do concello de Fene tivo lugar a inauguración da Mostra da 27 edición de fotoxornalismo “Galicia en Foco”. O acto estivo presidido polo alcalde de Fene Gumersindo Galego, e contou coa participación da concelleira de cultura Rocío Aurora Bértoa Puente e do concelleiro Andrés Serantes Painceiras.

Comezou o acto co agradecemento da presidenta do Club de Prensa de Ferrol, pola acollida que o concello de Fene ven prestando a esta mostra que recolle as imaxes do acontecer de Galicia reflexado nos medios de comunicación ao longo do ano 2017. Unha historia a través da ollada dos fotoxornalistas galegos que van deixando un legado documental en Galicia en Foco.

O alcalde de Fene, mostrou a súa satisfacción por acoller a mostra un ano mais, e salientou a colaboración do concello de Fene, para que a mostra sexa coñecida pola cidadanía e tamén polos alumnos das escolas de Fene.  A mostra, remata a itinerancia no Concello de Fene o vindeiro 28 de novembro.

Na imaxe: Andrés Serantes, Rocío Bértoa, Gumersindo Galego e Xulia Díaz.