Descripción del proyecto

A Mostra “Galicia en Foco” chega a As Pontes


Ferrol, 22 de marzo de 2019

Este venres 22 de marzo, tivo lugar no Edificio Cultural “Casa Dopeso” de As Pontes, a apertura da exposición de fotoxornalismo “Galicia en Foco” que promove o Club de Prensa de Ferrol. Esta mostra do acontecido en Galicia no ano 2017 corresponde á 27 edición deste certame que nace no ano 1989 e que chega a recompilar ata hoxe un fondo documental de máis de mil cincocentas fotos que amosan a historia de Galicia nos últimos trinta anos.

Son instantáneas publicadas nos diferentes medios da nosa terra e abranguen todo tipo de temas: incendios devastadores, deportes, a rapa das bestas, política, a seca, etc. Galicia en imaxes vistas polas lentes das cámaras dos nosos fotoxornalistas. A exposición permanecerá en As Pontes ata o día 8 de abril e de seguido pasará a Mugardos continuando ese periplo que a levará a moitas vilas e cidades da nosa terra.