Project Description

A exposición “Galicia en Foco” foi inaugurada na Casa da Xuventude de Ares pola concelleira de cultura, Alma Barrón


Ferrol, 11 de xuño de 2021

O venres 11 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa da Xuventude de Ares tivo lugar a inauguración da exposición edición 29ª de Galicia en Foco, onde permanecerá ata o día 25 do mesmo mes.

A exposición foi inaugurada pola concelleira de Cultura e Emprego do concello de Ares, Alma Barrón e polo representante do Club de Prensa de Ferrol, Xoán Rubia, quenes aludiron á diversidade de obras presentadas polos fotoxornalistas e as imaxes que foi deixando a pandemia da Covid en Galicia na primeira vaga de 2020.

A serie A clase traballadora fai posible as festas de San Froilán, tomada por Adra Padrón, (Adrián Vázquez Rodríguez) publicada o 13 de outubro de 2019 no xornal “Viva Lugo. Diario Cultural de Lugo“, obtivo o Premio de foto-xornalismo "Galicia en Foco 2019" que outorga o Club de Prensa de Ferrol. A foto premiada foi valorada polo xurado tanto pola calidade de todas e cada unha das fotografías que a conforman, como pola continuidade do discurso narrativo que envolve toda a serie.