A exposición da 32ª edición de Galicia en Foco está dispoñible para toda a veciñanza do Concello de Ares ata o 29 de Febreiro
Ferrol, 16 de Febreiro de 2024
A concelleira de Cultura do Concello de Ares, Alma Barrón, inaugurou o venres 16 de febreiro a Exposición da 32ª edición de Galicia en Foco, que permanecerá en Ares até o 29 de febreiro no último andar da Casa da Xuventude do Concello. Permanece aberta os martes, xoves e venres de 10:00H a 14:00H e de 16:00H a 19:00H, a que foi cualificada pola concelleira Alma Barrón como “a mostra do mellor fotoxornalismo galego”.
Esta 32º edición de Galicia en Foco mantén a súa condición de viaxe polo tempo, lembrándonos grandes acontecementos sociais, políticos, medioambientais ou culturais vividos recentemente no noso territorio, pero sempre dende as ópticas singulares de grandes fotógrafos contemporáneos.