Descripción del proyecto

A Biblioteca Municipal de Ferrol acolleu a homenaxe a Cándido Fernández Mazas no Día da Ilustración


Ferrol, 30 de xaneiro de 2020

O Club de Prensa de Ferrol, rendeu homenaxe a Cándido Fernández Mazas organizando na Biblioteca Municipal de Ferrol, un encontro cultural no que participaron a escritora e historiadora Esperanza Piñeiro de San Miguel, o profesor de debuxo artístico do IES Concepción Arenal de Ferrol, Quico Souto e o ilustrador e debuxante Carlos Sardiña.

No acto, no que entre o público tamén se encontraban alumnos de debuxo artístico do IES Concepción Arenal , se fixo un percorrido pola obra artística de Fernandez Mazás e o ilustrador Carlos Sardiña falou das distintas técnicas que ven desenrolando nos seus traballos como debuxante e ilustrador, rematando cun debuxo ante os asistentes que doou ao Club de Prensa de Ferrol.

Cándido Fernández Mazas, (Ourense, 1902 – Castro Caldelas, 1942). Artista e escritor, colaborou como ilustrador en publicacións como Nós ou Alfar. Formou parte (xunto a artistas como Luís Huici, Francisco Miguel ou Luís Seoane) da xeración do 30, renovadora da plástica galega. Ilustrou numerosos libros e asinou baixo distintos pseudónimos en xornais como La Zarpa, Galicia, El Pueblo Gallego ou Política. En 1925 obtivo unha bolsa para estudar arte en París, onde depurou o seu debuxo e coñeceu artistas da vangarda como Robert Delaunay ou Tristan Tzara.

O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). Toda a información sobre esta e as pasadas edicións pode encontrarse nesta web