A Asociación “Apelón Educación” leva a Mugardos a exposición da 30ª Edición de “Galicia en Foco”
Ferrol, 25 de marzo de 2022
A Confraría de Pescadores de Mugardos acolle a Exposición Galicia en Foco desde o 25 de marzo onde permanecerá pendurada no local da Confraría de Pescadores baixo os auspicios da Asociación Apelón Educación, entidade cultural da vila mariñeira.
O acto contou coa participación de numeroso público que amosou o seu interese nesta exposición cuxo leitmotiv nesta 30ª edición está marcado pola pandemia da Covid 19, que dificultou nestes dous últimos anos o itinerario desta mostra.
Galicia en Foco e toda unha referencia dentro do foto-xornalismo galego. A exposición foi presentada pola presidenta da Asociación Apelón Educación Gabriela Sánchez e polo vogal da directiva do Club de Prensa Xoán Rubia.