Número 9

Ferrol e Galicia de novo están presentes ocupando importante espazo nesta publicación. Figura un interesante ensaio de Carlos Gurméndez sobre o pensamento de José Bergamín. No apartado creativo publícanse poemas de Ramiro Fonte e unha reportaxe fotográfica de Luís Botana.

Germán Castro realiza unha entrevista a Francisco Vizoso: "Un ferrolán que conquistou Asturias". Como caderno separata entrégase "Os Canóns do 38.1", un traballo de José López Hermida referido aos canóns das baterías de costa.