Número 6
A revista mantén o seu formato e a súa liña editorial seguindo fiel á premisa de ser unha publicación de Pensamento e Cultura. Predomina a temática ferrolá e galega con artigos asinados por Isaac Díaz Pardo, José Luís Meilán Gil, Siro, etc. Destaca unha entrevista á eminente bióloga ferrolá Ángeles Alvariño residente nos EEUU.
Coa publicación inclúese a edición dun caderno titulado "Del New England a los Gaya: casi un siglo de cine en Ferrol".