As Meninas de Canido

Fotografías de Francisco Pose · 2015 | 277 páginas

A proposta da arte a ceo aberto, como elemento propagador de imaxe e dinamizador e catalizador dos problemas e inquietudes dos veciños é unha orixinal idea, unha espectacular resposta e proxectou o nome de Canido polos catro puntos cardinais da aldea global. Internet obra o milagre… haberá que engadir que o fenómeno foi interiorizado polas clases populares que habitan a zona, ademais de pintores, músicos, grupos folclóricos, etc, nunha especie de espontánea socialización da arte a favor da causa comunitaria do barrio. As Meninas de Canido é o triunfo do talento artístico como vehículo de comunicación e punto de apoio para a solución de necesidades urbanas.

O Club de Prensa de Ferrol recolle neste caderno os traballos que transformaron, para ben, a fisionomía de Canido.