21º Curso de Pensamento Carlos Gurméndez. "Constitución Española, 1978-2018"
Durante os días 4, 5 e 6 de xullo en sesións de mañá e tarde, o Salón de Actos do Campus de Ferrol, acolleu a relatores, alumnos e público en xeral asistentes á XXI edición do curso de pensamento "Carlos Gurméndez" que se desenvolveu ao redor de "Constitución Española ,1978-2018". Foi a edición que contou co maior número de alumnos da historia do curso "Gurméndez", como acreditan os 103 alumnos matriculados no mesmo, o que o converte nun dos cursos de verán que gozan de maior prestixio entre un alumnado constituído por profesores e alumnos universitarios que compoñen o groso da matrícula.
Sen dúbida, entre os atractivos do mesmo figuran tanto a calidade dos relatores do mundo universitario, académico e da comunicación, como a actualidade da temática de cada edición, o que vén ser unha constante do curso que promove o Club de Prensa de Ferrol en colaboración coa UDC.
Relatores do nivel de Santos Juliá, Roberto Branco Valdés, Nona Inés Vilariño Salgado, Antonio Madrid Pérez, Patxi Lanceros, Manuela do Pilar Santos, José Luís Castro, Xusto Beramendi, Carolina Bescansa, e Alberto Sucasas Peón e Esperanza Piñeiro de San Miguel, estes dous últimos, ademais de relatores, director e coordinadora do histórico curso, son un valor engadido ao curso universitario que cada ano atrae a alumnado e ao numeroso público que no salón actos do Campus de Ferrol dáse cita.
Tres días intensos en contido e actividade ao redor da Constitución de 1978 da que este ano celebramos o seu 40ª Aniversario, coa exposición paralela, "A Consti", que recolle algunhas das máis destacadas viñetas da obra de Forges, "A Consti e a Transi". Tres intensas xornadas de reflexión e debate ao redor da Constitución española de 1978, da que Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura, no acto de inauguración cualificou como "o máis frutífero período da historia recente de España".