Os Cadernos
Cadernos FerrolAnálisis é unha publicación monográfica do Club de Prensa de Ferrol que ofrece unha visión sobre o noso mundo ferrolán e os seus arredores humáns e xeográficos. Naceu en 1993 cun estudo de José Luís Aulet sobre a universal Fonte Wallace. O seu reducido formato acompañaba á revista FerrolAnálisis número 4.
Ao longo dos anos experimentou un inusitado interese e crecemento. Construíronse unha serie de novos números co material da historia ferrolá, realizados, non como unha evocación épico-histórica, senón como un exercicio de intersección no que tantas veces coinciden "sentidos opostos" o destino das persoas e a historia.
Cadernos FerrolAnálisis, son xa unha plataforma, un valor puro, co que adquire o Club de Prensa unha categoría singular, a través das publicacións realizadas ao longo dos anos con traballos monográficos sobre personaxes (Concepción Arenal), empresas (Bazán e Astano) ou a Guerra Civil en Ferrol, xunto a recompilacións documentais de fotografías de Ferrol.