Premio José Couso

José Couso foi alcanzado por un disparo o 8 de abril de 2003 mentres realizaba o seu traballo para os informativos de Telecinco. No mesmo ataque faleceu o tamén cámara ucraíno Taras Protsyuk. O CPXG e o Club de Prensa de Ferrol, queren personalizar na súa figura a todos aqueles xornalistas, galegos ou non, que cada ano son asasinados, maltratados ou privados dos seus dereitos como persoas e informadores. O Premio José Couso á Liberdade de Prensa convócase anualmente polo CPXG e o Club de Prensa de Ferrol e patrocinado por Caixanova, co obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha destacada traxectoria profesional, libre e independente.

O gañador do Premio José Couso recibe un diploma acreditativo e o símbolo distintivo que representa o Premio, consistente na reprodución -numerada e por asinada polo autor- da escultura de gran formato Ás Ceibes, instalada na cidade de Ferrol no 2005, por iniciativa do Club de Prensa de Ferrol e a colaboración do artista Manuel Patinha.

Tras as palabras de rigor, por parte do representante do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, do presidente do Club de Prensa de Ferrol e das autoridades locais, segue un concerto que na edición de 2015 foi interpretado polo grupo de metais Hércules Brass.

Nilufar Hamedi e Elahe Mohammadi gañadoras do XX Premio Couso