Programación · 23ª edición

O 23º Curso de Pensamento Carlos Gurméndez ten lugar do 6 ó 8 de xullo de 2022 no Salón de Actos do Vicerreitorado do Campus de Esteiro pertencente á Universidade da Coruña, co seguinte programa:

Mércores 6 de xullo

  • 10.00 Acreditacións.
  • 10.30 Apertura oficial.
  • 11.45 Valentín García. Secretario Xeral Política Lingüística da Xunta de Galicia. O galego no ensino: en memoria de Antía Cal.
  • 16.30 Ana María Iglesias Galdo. Universidade da Coruña. O papel emancipador da educación para as mulleres.
  • 17.45 Pausa.
  • 18.15 José Manuel Mouriño. Instituto Internacional Andréi Tarkovski. El método de los claros (2019), documental sobre María Zambrano. Presentación, comentario e debate do documental.

Xoves 7 de xullo

  • 10.00 Rosario Sarmiento. Comisaria e crítica de arte. Muller na arte.
  • 11.15 Pausa.
  • 11.45 María Xosé Agra. Universidade de Santiago de Compostela. Disque hai mulleres: o pensamento filosófico.
  • 13.00 Debate.
  • 16.30 Mesa redonda. Situación das mulleres científicas e tecnólogas no panorama actual. Modera Ana Isabel Ares Pernas, directora do Campus Industrial de Ferrol. Interveñen Anne Gosset, directora técnica do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, María José Abad López, subdirectora da Oficina para a Igualdade de Xénero, Vanessa Valdiglesias García, Área de Bioloxía-Xenética, Ana Xesús López Díaz, presidenta da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas en Galicia, Teresa Piñeiro Otero, directora do Centro de Estudos de Xénero e Feministas e Verónica Bolón Canedo, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial.

Venres 8 de xullo

  • 10.00 Alberto Sucasas Peón. Universidade da Coruña. Tres pensadoras (Eloísa; Lou Andreas-Salomé; Simone de Beauvoir) e as súas parellas.
  • 11.15 Pausa.
  • 11.45 Cristina Oñoro Otero. Universidad Complutense de Madrid. “Que entre os homes se fale o menos posible de vosoutras”: voces esquecidas da nosa historia.
  • 16.30 Rosa Millán García. Traballadora socio-cultural. A política do desexo, Ángela Ruíz Robles, precursora do “e-book”.
  • 17.45 Pausa.
  • 18.15 Germán Castro Tomé. Xornalista. Ángeles Alvariño, aproximación ao rostro humano da oceanógrafa ferrolá.
  • Clausura de entrega de Diplomas.