"Que entre os homes se fale o menos posible de vosoutras: voces esquecidas da nosa historia"


Ferrol, 08 de xullo de 2022

Cristina Oñoro crea unha urdime onde caben todas e todos

Presentada pola profesora Ángeles Seoane a profesora da UCM, Cristina Oñoro, ten desenrolado ademais da súa actividade como investigadora e académica, unha importante destacada labor divulgativa ao traveso dos Clubs de Lectura de Madrid e outras cidades europeas. Nelas sempre tenta iluminar con ironía e erudición as zonas de sombra nas que se ten relegado ás mulleres. Iluminación que se fixo patente na súa intervención neste edición do Curso Carlos Gurméndez dedicado a afondar na Muller na Ciencia e na Cultura. Da súa intervención, recollemos a opinión de Ángeles Seoane.

Cristina Oñoro, profesora da Universidade Complutense de Madrid, Doutora europea en Teoría de Literatura e Literatura Comparada, investigadora rigorosísima da obra artística, social, política e literaria escrita por mulleres, combina o ensaio e a narrativa co obxectivo de devolver a dignidade a aquelas autoras e artistas femininas que a Historia, xeralmente escrita por homes misóxinos ten ignorado, omitido, distorsionado ou silenciado. O seu relatorio arrinca precisamente dunha afirmación de Aristóteles “a elas nin as nomeedes”... Pero non hai que retrotraerse tanto no tempo para comprobar que “conscientemente” aínda se esquecen do seu protagonismo hoxe en día.

Cristina Oñoro pon o seu empeño, no seu relatorio, e no seu ensaio “Las que faltaban”, en reivindicar e divulgar o inmenso labor de mulleres, que por unha ou outra razón nela deixaron pegada "Juana de Arco, Malinche, Sofonisba Anguisola, Vitoria Kent, Jane Austen, Marie Curie, Simone Weil, Malala". Cun estilo impecable constrúe un relato riquísimo, amalgamando historia e anécdota, achegando rigor alí onde faltaba ou desmontando erros herdados sobre esta metade esquecida e maltratada pola historia da humanidade. Cristina crea unha urdime onde caben todos e todas, incluídas as mulleres “intrahistóricas” (nais, avoas, irmás, amigas, colegas...) que dalgunha maneira colaboraron na conciliación familiar e propiciaron as súas creacións artísticas, políticas ou científicas.

Ángeles Seoane