Presentación do libro "Ganduxando Vidas. Xaquín Campo Freire"


Ferrol, 01 de decembro de 2017

O Ateneo Ferrolán acolleu o xoves 30 de novembro o acto de presentación do libro homenaxe a Xaquín Campo Freire "Ganduxando Vidas".

A obra de feitura colectiva se concibiu como a mellor maneira de celebrar o 80º aniversario de Xaquín Campo, segundo afirma o colectivo de amigos de Xaquín que se uniron para agasallalo polo seu aniversario. No libro ao través de 191 olladas dende diferentes lugares e condicións, achégasenos a figura humana, relixiosa, e cultural de Xaquín Campo Freire.

No acto de presentación estivo acompañado por Nieves Espiñeira Medín, Carmen Solloso, Xoán Rubia e Xulia Díaz, que amosaron ante o numeroso público asistente a admiración e o agarimo que veu espertando ao longo da súa dilatada vida relixiosa, cívica e cultural, como se deixa ver nas distintas páxinas do libro onde se recollen verbas que o cualifican como "rompedor de lousas", "recuperador de Vida", que "conxuga razón e fe" ; "ou bálsamo, sanda dor", "sementaches, coidaches, preocupácheste de quitar malas herbas".

Colaboraron neste acto: Xermolos, Irmande Manuel María, Ateneo Ferrolán e Club de Prensa de Ferrol.

Foto: Miguel García Corral