O Club de Prensa de Ferrol convoca a 28 ª Edición do certame "Galicia en Foco"
Ferrol, 05 de setembro de 2019
O Club de Prensa de Ferrol convoca a edición 28 deste certame para elixir a Foto ou Foto-reportaxe do Ano entre aquelas que foran publicadas nos medios ao longo do ano 2018. Coas fotos e foto-reportaxes seleccionadas montarase unha exposición que terá carácter itinerante por diversas cidades e vilas de Galicia e elaborarase un catálogo para dar a coñecer e difundir a obra seleccionada entre as fotos presentadas.
- Poderán concorrer os foto-xornalistas cun traballo de tema galego ou relacionado con Galicia.
- As fotografías deberán estar publicadas en medios de comunicación (papel ou dixital) de cabeceiras recoñecidas entre o 01/01/2018 e o 31/12/2018.
- Créanse dous apartados de participación (Foto do Ano e Foto-reportaxe do ano),podendo concorrer so a un, para un único premio, de 1.000 euros.
- Cada fotografía enviarase coa súa ficha individual debidamente cuberta que se poderá descargar nesta sección da web do Club de Prensa de Ferrol, onde figuran as Bases que rexen o presente certame.
- O prazo de recepción remata o día 24 de setembro de 2019 ás 24.00 h.
O Club de Prensa de Ferrol poderá utilizar as obras para os fins previstos neste certame, así como nas súas publicacións e nunha exposición e un catálogo que reúna as obras seleccionadas entre as presentadas. Resérvase os dereitos de reprodución gráfica das obras premiadas, que poderán ser difundidas a través da súa páxina web e calquera outro medio publicado por esta institución, así como nas redes sociais.