Mons. Fernando García Cadiñanos nas Conversas no Parador
“A Igrexa e o relixioso aportan valores e sentido ético”
Coas tres recomendacións que o Papa Francisco dirixira aos xornalistas nun encontro cos medios comezou o bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, Mons. Fernando García Cadiñanos a súa intervención celebrada este mércores nas “Conversas no Parador” que ven organizando o Club de Prensa de Ferrol. Tres recomendacións que consistían “no coidado do caderno que recolle a actualidade, porque o caderno deixase tocar; utilizar o bolígrafo, porque ao facelo actualizamos o pensar, e utilizar a mirada para que ollemos a realidade”.
Sobre a importancia de que “Igrexa sexa noticia” o prelado García Cadiñanos, sinalou que o consideraba importante porque “o relixioso ás veces non se cre relevante, e quedámonos coas anécdotas e non imos ao núcleo, así o relixioso, non aparece como debera e aporta moito á sociedade, porque a Igrexa e o relixioso aportan valores e sentido ético, que fortalecen a democracia, porque o eclesial e relixioso aportan esperanza”.
Migracións e Mobilidade Humana “O gran tema da Nosa Sociedade”
Referíndose á recente Asemblea da Conferencia Episcopal, na que o elixiron director da subcomisión de Migracións e Mobilidade Humana, manifestou que era un tema moi de actualidade e que levaba no corazón. “O tema da Mobilidade vai a ser o gran tema da nosa sociedade, polo reto que será xestionar para crecer na interculturalidade”. Neste tema das migracións o bispo sinalou que “o que temos que ver é as persoas”, porque mais que problemas e datos, temos que ver as persoas, a realidade e dignidade das persoas. Porque, ao seu xuízo “esta é a clave do tema da mobilidade”, engadindo que acaban de elaborar o documento “Comunidades Acogedoras y Misioneras” que tras as revisións necesarias está a punto de ser publicado pola Conferencia Episcopal. No texto, entre outras cousas, recóllese que entre as causas das migracións están os factores socioeconómicos, tanto pola necesidade de man de obra para determinados traballos, como pola situación socioeconómica dos países dos que proceden os migrantes.
No documento recóllese que a poboación migrante en España está fortemente integrada, pero presenta factores diferenciais coa poboación nacional. Algúns dos datos que sinala o documento, mencionou a media de idade dos emigrantes que é de 37 anos, mentres que a dos nacionais é de 45 anos. Isto propicia que a natalidade das persoas migrantes sexa de 1,35% fronte a un 0,6% dos nacionais. Tamén se recolle que os maiores porcentaxes de desemprego e precariedade estanse a dar na poboación migrante, que percibe tan so o 50% dos ingresos que os da poboación autóctona. Estes datos sinalou o bispo, percíbense diariamente en Cáritas. Tamén fixo fincapé, en que se coñeza que estas persoas non están recibindo mais axudas e prestacións que as nacionais, porque tan so o 15% das persoas migrantes reciben prestación, fronte ao 50% das que perciben os desempregados autóctonos. Por outra banda D. Fernando destacou unha serie de valores transcendentes e espirituais que están aportando á sociedade.
Valores que os migrantes aportan ás comunidades
A súa presencia nas comunidades católicas e moi forte, axudan a rexuvenecer o rostro das nosas comunidades, nos axudan a mellorar os vínculos comunitarios. Lembrou ás claves que desde á Igrexa nos convidan a relacionarnos cos migrantes e que menciona o Papa Francisco, son catro verbos que teremos que aprender a conxugar: “Acoller, Protexer, Promover e Integrar” si queremos contribuir a que a sociedade actual e futura non xere problemas de convivencia.
Sobre este tema, Mons. García Cadiñanos, fixo mención a tres proxectos da Conferencia Episcopal, que se están levando adiante desde o Departamento de Migración
- Hospitalidade Atlantica. Iniciativa da igrexa católica que vincula a 10 países e 26 dioceses de Europa e Africa, que coordinan os países de tránsito e destino para facilitar espazos e recursos seguros ás persoas migrantes.
- Corredores de Hospitalidade. Nos que se trata de traballar coas dioceses "de saída" onde hai migrantes que desexan un proxecto de vida e outras que están necesitadas de habitantes e de persoas que chegan. O obxectivo é o de ofrecer axuda e orientación a mozos inmigrantes maiores de 18 anos e responder os baleiros do sistema de protección e integración.
- Mesas do Mundo Rural. Un proxecto no que se trata de conectar a familias de orixe migrante que pretenden realizar o seu proxecto de vida no ámbito rural coas asociacións ou proxectos que promoven xunto aos concellos e outras administracións públicas ou privadas, e favorecen a súa inclusión e revitalización de pobos na España rural.
Respondendo ás diferentes preguntas formuladas polos xornalistas o prelado mindoniense mostrouse satisfeito a nivel persoal polo seu nomeamento como Director da Subcomisión de Migracións e Mobilidade, polo que ten de enriquecemento persoal e tamén para a Igrexa diocesana, dado que na súa experiencia anterior na que estivo encargado do tema do cárcere, ó familiarizarse con ese tema axudou a que a igrexa diocesana enriquecerase co labor do pastor, pois xa está funcionando a Pastoral Penitenciaría, e agora axudará a que se coñeza mais a fondo o tema das migracións, de poder coñecer de primeira man este tema, e coñecer mais fondamente a Iniciativa Lexislativa Popular que se presentou no Congreso, no que a Conferencia Episcopal tamén estivo presente. Todo elo vai favorecer o estar presente en foros nos que se fale da realidade da Mobilidade e de Migracións, como é o Foro do Meditarráneo no que están varias dioceses, aspectos que coida “será positivo para que nun efecto multiplicador, este tema tan sángrante poida ser mais coñecido e teña unha a visión mais equitativa e humana e evanxélica”.
Tamén se falou dos suicidios, a principal causa de morte entre os xoves, manifestando que “quizais hai numerosas causas pero pode que a razón última sexa a falta de esperanza, e o relixioso ten que ver co comunitario”, poñendo como exemplo o programa de Cáritas “Convivindo” no que persoas soas e con apenas familia teñen encontros e reunións, que lles afirma o sentirse comunidade e esperanza.
Referiuse tamén ao labor da Delegación da Xuventude e as actividades que se realizan cos mozos, sinalando que “nos vindeiros días un grupo de coirenta rapaces farán o Camiño de Santiago, iniciativas que axudan a sentirse acompañados e parte dun grupo”.
No referente á situación dos migrantes na diocese, indicou que temos un 5% de migrantes, e Cáritas ocúpase de integrar a esta poboación, sinalando que á Festa da Misericordia celebrada en Mondoñedo a pasada semana, asistiron 300 persoas das que 100 eran de outros países.
A preguntas sobre o patrimonio pechado, fundamentalmente ás Igrexas, ás que moitas veces non se pode acceder, respondeu que de momento e para acceder a Igrexas do Camiño de Santiago, (Inglés ou do Norte) coidaba que se podería contar con voluntariado, e se estudian propostas como a de facer un convenio coa Xunta de Galicia para poñer enreixados nalgunha Igrexa, polo tema da delincuencia, ou outras que se estaban estudando.
Tamén houbo felicitacións para Mons. Fernando García Cadiñados, polo labor no cárcere e maior sensibilidade coa xente que está nos marxes e por dotalos dunha casa de acollida, ao que o bispo respondeu que o vindeiro Xoves Santo estará no cárcere de Bonxe para lavarlles os pés, aos presos, dándolles proximidade e consolo.
Sobre o tema da crispación sinalou que estamos nunha sociedade moi violenta na que escasea a contención e defendeu as palabras do Papa Francisco “paremos a guerra entre Rusia e Ucraína”, porque “unha guerra é o fracaso da humanidade, e vivimos nunha sociedade crispada onde non entra a razón, pero a paz constrúese ante a inxustiza”.
A presenza da muller na Igrexa
Fernando García Cadiñanos tamén falou da presenza da muller na Igrexa, realizándose actualmente “un proceso de reflexión interna”, xa que sen a muller “a Igrexa non podería subsistir”.
No ámbito institucional “hai que dar maiores pasos á muller na toma de decisións” e, a día de hoxe, “falta acoller as consecuencias do Concilio Vatican II e, neste sentido, hai que seguir camiñando”.