Conversas no Parador: Anxo Lorenzo Suárez falou da Estratexia da Cultura Galega 2021


Ferrol, 19 de abril de 2018

O mércores 18 de abril, o Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo Suárez, convidado polo Club de Prensa de Ferrol, para participar nas súas tradicionais "Conversas non Parador", disertou acerca das novas políticas culturais galegas, emprendidas pola Consellería á que pertence.

Anxo Lorenzo, un reputado político e profesor da Universidade de Vigo, foi presentado por Xulia Díaz Sixto, presidenta do Club, quen glosou a dilatada traxectoria no ámbito cultural do interveniente, que ten entre mans unha interesantísima folla de ruta para a cultura galega, no próximos dez ou quince anos, cunha magnifica perspectiva de futuro.

Sinalou Anxo Lorenzo que as dotacións orzamentarias de diñeiro público para investimentos culturais, en todos os ámbitos, sufriron unha redución de preto do 50% durante a crise e que coida se manterá o presuposto no futuro, pero que co deseño da Estratexia da cultura galega 2021, un documento que será a folla de ruta da planificación da acción cultural da comunidade autónoma para os vindeiros catro anos, na que se fixarán os obxectivos, as liñas estratéxicas e as medidas concretas para reforzar o papel da cultura como piar na creación de riqueza e emprego, e que coida que culminará nun documento definitivo consensuado, haberá diñeiro con independencia da cor que teñan os gobernos autonómicos galegos, pois o obxectivo final é que Galicia conte, por primeira vez, cun documento de traballo rigoroso, froito do diálogo e a cooperación entre administraci óns, sectores e axentes culturais.

Incidiu en sinalar que o panorama cultural galego está entre o seis primeiras en relación con outras comunidades do estado español e remarcou a importancia do próximo Ano Xacobeo 2021, pola súa indubidable importancia, non só cultural, senón económica e turística para Galicia. Continuo falando da importancia de impulsar iniciativas empresariais ou industriais creadoras de cultura, xa que hai moitísima produción deste tipo. Puxo, a modo de exemplo, a importancia do sector audiovisual galego, concentrado en Santiago, A Coruña e Pontevedra, como a produtora galega que patrocino a actual serie televisiva "Fariña", de notable éxito de actualidade.

Referiuse despois Anxo Lorenzo, ao sector musical, sinalado a crise das escolas de gaita, e tamén no sector editorial galego, inmerso nun proceso de cambio, impulsado pola situación económica, a edición dixital e o descenso no número de lectores. Estúdase o tema da exportación a Latinoamérica. En canto ao Patrimonio Cultural de Galicia, no seu conxunto, é difícil de xestionar, debido á atomización do número de propietarios, que non poden asumir os custos dunha conservación adecuada.

A continuación abriuse a quenda de preguntas dos medios asistentes, e o Secretario Xeral de a preguntas do xornalistas asistentes, declároa que aínda que España é o terceiro país do mundo en ter bens declarados de Interese Cultural, mostrou certa prudencia con respecto á posibilidade de que Ferrol poida conseguir tal declaración, debido a que a UNESCO, na actualidade, é moi restritiva neste ámbito.

Finalizou o acto coa intervención do público, e entre outras, apuntouse algunha iniciativa sobre o Camiño Inglés, no seu tramo Ferrol-Santiago, ao que mostrou o seu apoio.

Crónica e foto: Rafael Permuy