Charla-coloquio "Ten futuro a industria naval en Ferrol?"
Presentó el acto el presidente del Club de Prensa, Siro López, actuando como ponentes D. Ramón Yáñez Brage, profesor honorario de la UDC y D. Luis Abad, directivo de Insimar. Ambos ponentes resaltaron las potencialidades de la industria naval en Ferrolterra y la necesidad de acometer cambios en la estructura y estrategia de la empresa pública de construcción naval.
Puedes escuchar el archivo de audio de la conferencia a continuación:
Este es el texto que sobre la conferencia escribe nuestro presidente, Siro López: Fútbol e crise da construción naval
Amigos:
Sei que cantos viron o día 13 na TV o encontro Atlético de Madrid-Barça, pasaron noventa minutos emocionantes, gozando dun gran espectáculo. ¡E os siareiros do Atlético non che digo nada! Os do Barça non, claro; pero estou certo de que non se arrepinten de ver o encontro, de sufrir durante o encontro, de esperar a xenialidade do tridente durante todo o encontro... O fútbol, cando xogan dous equipos grandes, é verdadeiramente grande. Por eso cando presentei o debate sobre a crise da construción naval en Ferrol empecei lanzando un S.O.S. que dicía: <Atención o Club de Prensa de Ferrol precisa urxentísimamente un directivo futboleiro>. Home, é verdade que nós planificamos con meses de antelación as actividades e que cando fixamos o debate no 13 de abril non tiñamos nin idea de que ese día, a esa hora, ían eliminarse na Champions o Barça e o Atlético; pero un directivo futboleiro, un directivo competente, falaría coa FIFA para enterarse das previsións e non se daría a funesta coincidencia.Dito esto, teño que engadir que cantos asistimos ao debate sobre a crise da construción naval en Ferrol, na galería Sargadelos, non o pasamos peor, nin moitísimo menos, que os espectadores do Atlético-Barça. Nin os siareiros do Atlético se gorentaron ante a pantalla do televisor máis ca nós, escoitando a Ramón Yáñez e a Luis Abad. Por eso, cando rematou o acto fíxenme unha pregunta: ¿Cántos debates se poderían celebrar en España sobre a crise da construción naval, co nivel que tivo este, ao que asistimos? Sen dúbida moi poucos e posiblemente ningún.
A Ramón Yáñez, enxeñeiro Técnico Naval con longa experiencia en Astano; licenciado e doutor en Ciencias económicas e Empresariáis, coñézoo desde hai moitos anos e sei da súa valía profesional. A Luis Abad, enxeñeiro do ICAI, coñecino na Oficina Técnica de Bazán, da que chegou a ser xefe; e volvín atoparme con el en INSIMAR, a empresa creada por Eduardo Picallo, aprendiz de Bazán, maquinista mercante, inspector e finalmente empresario. Entre Bazán e INSIMAR Luis Abad pasou por San Fernando, donde foi director da Fábrica de Armas e despois da División de Sistemas.
Ramón Yáñez e Luis Abad saben da construción naval, das causas da crise e das posibeis saídas da crise todo o que se pode saber, e demostrárono en Sargadelos, o día 13.
Coido que todos, absolutamente todos, os ferroláns deberiamos asistir a aquel debate; ou polo menos oílo agora con moita atención. Por eso decidimos colgar o audio na web. Sei que escoitar as longas intervencións sen o apoio das imaxes, é difícil; pero estamos a tratar do futuro de Ferrol, e todos deberiamos ter a maior información posible sobre unha cuestión tan relevante.
Ramón Yáñez e Luis Abad non falaron ex cátedra. Entre eles houbo algunhas discrepancias, pero na análise da situación e na única saída posible da crise, si que coincidiron. Pode que entre vós haxa quen non estea dacordo nin coa súa análise, nin coa solución que propoñen. Non importa. Do que se trata é de romper coa resignación e de poñernos en marcha. Hai que falar, debater, apoiar a saída máis realista, a que nos permita construír e ser competitivos no mundo; e esixir aos Gobernos galego e español un plan para salvar Ferrol. Coido que de todo esto vos convencerán Ramón Yáñez e Luis Abad neste audio que poñemos á vosa disposición.
Siro López Lorenzo, Presidente del Club de Prensa de Ferrol